A República dos sabios e os Simpson. Debate sobre a Utopía Platónica

Os intelectuais no poder? 

«Salvaron o cerebro de Lisa».
Neste  episodio, Lisa entra a formar parte da sección local de Mensa, que xa conta entre os seus membros co  profesor Frink, o doctor Hibbert  e ao  Tío da Tenda de  Tebeos. Cando o alcalde Quimby fuxe de súpeto, o grupo faise  cargo do goberno da cidade. Lisa exalta o mandato dos intelectuais, unha verdadeira utopía racionalista, pero o novo programa de goberno válelle  a este «consello de sabios» a enemistade dos ciudadáns comúns e correntes  de Springfield (incluíndo a Homer, que dirixe a rebelión dos idiotas). 






Na obra República ou da Xustiza, Platón tenta xustificar e estruturar un posible goberno de sabios. Deixamos aquí o texto completo por se queres leer o texto completo. 


http://www.um.es/noesis/zunica/textos/Platon,Republica.pdf



Algunhas das críticas mais feroces de Platón á democracia atopámolas nesta obra. Hoxe é o noso sistema de goberno, aínda que dista bastante da democracia que criticaba Platón aínda conserva alguns rasgos desta. As repúblicas representativas democráticas contemporáneas pretenden ser unha mestura entre o goberno dos sabios (os representantes que deben saber algo sobre o asunto que gobernan) e a eleción popular deses representantes. 



"Os artífices da Constitución estadounidense tentaron combinar os principios democráticos (un congreso) con algúns dos beneficios dun goberno de élite non democrático (un senado, unha corte suprema e unha  Carta de Dereitos). Isto tivo  resultados discordantes, pero en contraste con outras alternativas, semella ter funcionado bien." (Os Simpson e a Filosofía) ler texto completo  en>>



Pero algunhas das críticas de Platón á democracia aínda se manteñen hoxe en día. 


Segundo Platón a orixe do caos na sociedade está na mestura de clases sociais ¿Que  opinas diso? Existe algún partido político ou movemento social que defenda algo semellante hoxe en día? 


Pensas como Platón que na democracia pérdese o respecto á autoridade e que iso se pode percibir na educación dos mozos? Platón afirmaba: 



En semellante Estado o mestre teme e adula aos alumnos e os alumnos fan caso omiso dos mestres, así como dos seus preceptores; en xeral os mozos fan o mesmo que os adultos e rivalizan con eles en palabras e accións; e os maiores, para complacelos, rebrdan divertimento e afán de facer bromas, imitando aos mozos, para non parecer antipáticos e mandóns. 563a



Atopas algunha semellanza entre o sistema oligárquico e a filosofía neoliberal? Pista, Platón dicía que "o zángano oligarca descuidará a educación e os servizos públicos como a tutela de orfos"


Pensas que as seguintes sentencias de Platón podénse aplicar ao mundo actual?:



"canto mais se adoran nun Estado as riquezas e os homes ricos, en menos se ten a excelencia e os homes bos"


" Onde hay mendigos tamén hai ladróns e delincuentes" 


Para que as nosas modernas democracias melloren e se convertan en sistemas políticos xustos, quizais deberamos plantexarnos algunhas das críticas de Platón a este sistema político que, aínda moi afastado no tempo, ten aínda moitas das carencias que este autor nos lembraba. 



Algúns  enlaces sobre o pensamento político de Platón:


http://filex.es/historia/platon/6_la_poltica_o_el_gobierno_de_los_filsofos.html

https://auladefilosofia.net/2010/05/21/platon-republica-libro-viii/



As aventuras de Platón en Siracusa:


Os Filosofos non constrúen as súas teorías no baleiro. As viaxes, as aventuras e as experiencias son sempre a base do seu pensamento. Marta Larrauri fai un repaso pola viaxe de Platón a Siracusa, onde ao seu parecer se poden atopar as bases da súa teoría política.

http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/para-todos-la-2/para-todos-2-filosofia-para-profanos-recordamos-figura-platon/4334941/?media=tve


Ben puidera ser que a súa estancia como prisioneiro na Orella de Dionisio fora a  orixe da famosa historia descrita no Mito da Caverna (República LVII)




No hay comentarios:

Publicar un comentario