Somos platónicos hoxe en día? Alma e conciencia

Imaxina que se inventara unha máquina para teletransportar persoas. Unha máquina que descompoñía os átomos dun individuo para volver a reintegralos de novo noutro lugar, aínda que con pequenos cambios, inevitables no proceso. 

Extraído de Comics Existenciales. Corey Mohler. Ed. Stirner

Sería a mesma persoa ou unha copia case indistinguible? Nos tres casos.

Que raro verdade? e aínda así iso xa sucede, todos os días...




¿Que pensas diso? ¿Cres como Platón que a alma é a esencia da persoa e que é distinta do corpo e por iso se pode dicir que somos "nos" os mesmos que nos levantamos cada mañán. Perviviría esa alma a unha teletransportación? 

Ou pensas como Aristóteles que a alma non é mais que unha cualidade que emerxe da actividade do cerebro e que, cando este cambia, muda tamén ela. Entón non teríamos vivido infinidade de vidas, tantas como veces durmimos e ao espertar nos atopamos cunha nova configuración de átomos?

A República dos sabios e os Simpson. Debate sobre a Utopía Platónica

Os intelectuais no poder? 

«Salvaron o cerebro de Lisa».
Neste  episodio, Lisa entra a formar parte da sección local de Mensa, que xa conta entre os seus membros co  profesor Frink, o doctor Hibbert  e ao  Tío da Tenda de  Tebeos. Cando o alcalde Quimby fuxe de súpeto, o grupo faise  cargo do goberno da cidade. Lisa exalta o mandato dos intelectuais, unha verdadeira utopía racionalista, pero o novo programa de goberno válelle  a este «consello de sabios» a enemistade dos ciudadáns comúns e correntes  de Springfield (incluíndo a Homer, que dirixe a rebelión dos idiotas). 






Na obra República ou da Xustiza, Platón tenta xustificar e estruturar un posible goberno de sabios. Deixamos aquí o texto completo por se queres leer o texto completo. 


http://www.um.es/noesis/zunica/textos/Platon,Republica.pdf



Algunhas das críticas mais feroces de Platón á democracia atopámolas nesta obra. Hoxe é o noso sistema de goberno, aínda que dista bastante da democracia que criticaba Platón aínda conserva alguns rasgos desta. As repúblicas representativas democráticas contemporáneas pretenden ser unha mestura entre o goberno dos sabios (os representantes que deben saber algo sobre o asunto que gobernan) e a eleción popular deses representantes. 



"Os artífices da Constitución estadounidense tentaron combinar os principios democráticos (un congreso) con algúns dos beneficios dun goberno de élite non democrático (un senado, unha corte suprema e unha  Carta de Dereitos). Isto tivo  resultados discordantes, pero en contraste con outras alternativas, semella ter funcionado bien." (Os Simpson e a Filosofía) ler texto completo  en>>



Pero algunhas das críticas de Platón á democracia aínda se manteñen hoxe en día. 


Segundo Platón a orixe do caos na sociedade está na mestura de clases sociais ¿Que  opinas diso? Existe algún partido político ou movemento social que defenda algo semellante hoxe en día? 


Pensas como Platón que na democracia pérdese o respecto á autoridade e que iso se pode percibir na educación dos mozos? Platón afirmaba: 



En semellante Estado o mestre teme e adula aos alumnos e os alumnos fan caso omiso dos mestres, así como dos seus preceptores; en xeral os mozos fan o mesmo que os adultos e rivalizan con eles en palabras e accións; e os maiores, para complacelos, rebrdan divertimento e afán de facer bromas, imitando aos mozos, para non parecer antipáticos e mandóns. 563a



Atopas algunha semellanza entre o sistema oligárquico e a filosofía neoliberal? Pista, Platón dicía que "o zángano oligarca descuidará a educación e os servizos públicos como a tutela de orfos"


Pensas que as seguintes sentencias de Platón podénse aplicar ao mundo actual?:



"canto mais se adoran nun Estado as riquezas e os homes ricos, en menos se ten a excelencia e os homes bos"


" Onde hay mendigos tamén hai ladróns e delincuentes" 


Para que as nosas modernas democracias melloren e se convertan en sistemas políticos xustos, quizais deberamos plantexarnos algunhas das críticas de Platón a este sistema político que, aínda moi afastado no tempo, ten aínda moitas das carencias que este autor nos lembraba. 



Algúns  enlaces sobre o pensamento político de Platón:


http://filex.es/historia/platon/6_la_poltica_o_el_gobierno_de_los_filsofos.html

https://auladefilosofia.net/2010/05/21/platon-republica-libro-viii/



As aventuras de Platón en Siracusa:


Os Filosofos non constrúen as súas teorías no baleiro. As viaxes, as aventuras e as experiencias son sempre a base do seu pensamento. Marta Larrauri fai un repaso pola viaxe de Platón a Siracusa, onde ao seu parecer se poden atopar as bases da súa teoría política.

http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/para-todos-la-2/para-todos-2-filosofia-para-profanos-recordamos-figura-platon/4334941/?media=tve


Ben puidera ser que a súa estancia como prisioneiro na Orella de Dionisio fora a  orixe da famosa historia descrita no Mito da Caverna (República LVII)




Nace a REDE GALEGA DE FILOSOFÍA. http://redegalegadefilosofia.weebly.com/.

A RGF nace cos obxectivos seguintes:

  • Recuperar o contacto entre todos os Inspectores/as, Ensinantes, estudantado, licenciados/as ou simplemente interesados na materia de Filosofía de Galicia, 
  • Comunicar propostas, novidades ou actividades.
  • Recoller propostas, creación de grupos de traballo locais 
  • Creación  dun estado de opinión común respecto ao que deberá ser a materia de Filosofía nos vindeiros escenarios educativos.
  • Crear un tecido sólido entre as diferentes asociacións existentes xa na nosa comunidade autónoma para compartir experiencias, poñer a disposición recursos y urdir unha trama de activismo do pensamento na nosa comunidade.
  • Manter unha relación permanente coa Facultade de Filosofía como marco institucional e “casa común” de todos os e as docentes de Filosofía,
Na rede atoparás un foro de discusión e unha sección de eventos que recollerá todos aqueles eventos relacionados coa Filosofía que se celebren en Galicia e dos que os participantes na Rede teñan noticia.

    Encontros interacademicos de Ensinantes de Filosofía



    Todos os profesores que interveñen nestas xornadas, están aquí porque están facendo esforzos para achegar o coñecemento filosófico nas aulas, usando métodos ou aproximacións que permiten esa vinculación coas mentes dos alumnos que todos e todas buscamos. Mais, aínda que o tentamos, outros non puideron estar aquí, como Marcos García que ensina Filosofía e ética a través de Xogos de Rol e recibiu o premio da fundación Barrié o ano pasado polo seu proxecto. Unha afonía impediulle estar aquí hoxe. Outros como o noso compañeiro de Filosofía Daniel Rosende, crador do canle de Youtube UnboxingPhilosophy, envia este vídeo como colaboración para estas xornadas:

    Notas do grupo Nexos sobre a situación da Didáctica da Filosofía hoxe: 



    PENSO... LOGO ESTORBO

    Se pensas que a historia do pensamento occidental ten que ter o seu lugar no Bacharelato como unha sinal de identidade da cultura europea, Se cres que a Filosofía subministra ferramentas básicas para pensar mellor y da unha competencia lectora mais alta. Se cres que a formación do ser humano require da capacidade de repensar de feito autónomo os principais problemas ontolóxicos, epistemolóxicos, morais e políticos... Entón estarás a favor de que esta materia ocupe o lugar que lle corresponde no Bacharelato. O profesorado de Filosofía de Galicia ven de promover a presentación dunha proposición non de lei (PNL) para que se debata no parlamento de Galicia a recuperación da materia de Historia da Filosofía como materia troncal en segundo de Bacharelato. Se queres apoiar coa túa firma esta petición podes asinar nos pregos correspondentes, que poderás atopar na Facultade de Filosofía da USC ou enviando unha mensaxe a través de twitter co hastag FilosofíaSí.


    Tamén podes apoiarnos dixitalmente se non podes achegarte a firmar manualmente.
    Manifesto a Prol da Filosofía en: http://nexosfilosofia.org/manifesto/




    De serendipias vai o noso enigma. Buscamos unha serendipia curiosa que atoparedes se estades atentos aos datos e "tedes a mente preparada". En ocasións a nosa mente divaga xusto antes de durmir. Nese intre a nosa mente relaciona conceptos dunha forma máis libre que durante a vixilia: Comen morcegos os gatos? Comen morcegos os  gatos? E, ás veces: comen gatos os morcegos? Porque, cando non se sabe respostar a ningunha das dúas preguntas, non importa moito cal das dúas se formule. Quizais teñas que deixar que a túa mente divague para atopar a serendipia que xurde ao fixar a atención no mestre das preguntas que identifican a intelixencia.
    Que relación existe entre os códigos Captcha, os gatos de Chesire e a intelixencia?


    Sobre tuneles e movemento... Todo ten unha explicación... ou non?




    Todos nos temos preguntado algunha vez, cando lemos un libro ou investigamos sobre un descubrimento científico ou un invento,  cómo se lle ocorrería? Semella un enigma insondable, o resultado dunha mente privilexiada ou o logro dunha imaxinación desbordante...
    Porén os pensamentos, excepcionais ou non, non xorden da nada, senón das nosas experiencias, saberes aprendidos e recordos conscientes ou non. Por suposto, logo está a facilidade para organizar esas experiencias e recordos doutra forma, situalos nun novo contexto e mesmo deformalos e desestruturalos para que dean lugar a unha nova idea, orixinal e fascinante. De ónde veñen as grandes ideas? Imos poñer un exemplo.
    Nun dos pasaxes mais famosos da obra de Lewis Carrol "Alicia no Pais das marabillas", o autor describe a caída de Alicia por un burato vertical:

    "Alicia non tivo  tempo de pensar en deterse e atopouse caendo polo que parecía un pozo sen fondo.

    Ou o pozo era en verdade profundo, ou ela caía moi amodo, porque Alicia, mentres descendía, tivo suficiente  tempo para mirar ao seu ao redor e para preguntarse que ía pasar despois. Primeiro, tentou mirar cara abaixo e adiviñar onde iría parar, pero estaba todo demasiado escuro para distinguir nada. Despois mirou cara ás paredes do pozo e observou que estaban cheas de armarios e andeis: aquí e alá viu mapas e cadros, colgados con cravos. Colleu, ao seu paso, un xerro dos estantes. Levaba unha etiqueta que dicía: MARMELADA DE LARANXA, pero, para a súa gran desilusión, viu que estaba baleiro. Non lle pareceu ben tiralo ao fondo, por medo a matar a alguén que andase por abaixo, así que o puxo noutro dos estantes mentres seguía descendendo.."


    «Vaia! », pensou Alicia. «Despois dunha caída como esta, rodar polas escaleiras parecerame algo sen importancia! Que valente parecereilles a todos! Nin sequera diría nada, aínda que me caese do tellado!» (E era verdade.)

    Abaixo, abaixo, abaixo. Non acabaría nunca de caer?.Gustaríame saber cantas millas descendín xa --dixo en voz alta--. Teño que estar bastante preto do centro da terra. Vexamos: creo que está a catro mil millas de profundidade...
    Como vedes, Alicia aprendera algunhas cousas destas nas clases da escola, e aínda que non era un momento moi oportuno para mostrar os seus coñecementos, xa que non había ninguén alí que puidese escoitala, pareceulle que repetilo servíalle para repasar.

        Si, está debe de ser a distancia... pero pregúntome a que latitude ou lonxitude chegaría.

    Alicia non tiña a menor idea do que era a latitude, nin tampouco a lonxitude, pero pareceulle ben dicir unhas palabras tan bonitas e impresionantes. Enseguida volveu empezar.


     Se cadra caio a través de toda a terra! Que divertido sería saír onde vive esta xente que anda cabeza abaixo! Os antipáticos, creo... (Agora Alicia alegrouse de que ninguén  estivese á escoitar, porque esta palabra non lle soaba do todo ben.) Pero entón terei que preguntarlles o nome do país. Por favor, señora, estamos en Nova Zelandia ou en Australia?"





    A ver se eres quen de explicar de onde xurdiu a idea da caída polo burato do coello, por qué Carrol se detén a considerar a velociade da caída (ou o pozo é moi fondo ou alicia cae moi amodo) Que pasaría en realidade se Alicia puidera atravesar a TErra por ese tunel e saír a Nova Zelanda...?
    Deixo  tres versiones cinematográficas diferentes da caída. Cál cres que fai mais xustiza á intención del autor?